Incuba.t: idea, proxecto e empresa

Presentación do proxecto

A nosa aposta

UNINOVA, a incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, dache a benvida a incuba.t, a plataforma virtual que é a porta de entrada para facer realidade o teu soño como emprendedor: por en marcha a túa propia empresa. Dende aquí axudarémosche a percorrer o camiño aportándoche todo o apoio que precises.

Incuba.t é unha iniciativa resultado da participación de UNINOVA, no proxecto Europeo TRANSTIC, que ten por obxectivo a promoción da creación de empresas no sector das novas tecnoloxías no territorio de Galicia e do Norte de Portugal, así como sensibilizar ao sector empresarial sobre as vantaxes que da implantación das TIC se derivan.

A túa idea

Este é o punto de partida de todo emprendedor. Todo nace cunha idea de negocio. Idea que haberá que analizar e estudar máis a fondo para poder ver si tras dela pode haber un verdadeiro negocio. Nesta primeira fase do proceso, que como emprendedor terás que abordar, dende UNINOVA axudarémosche a avaliar a túa idea.

O teu proxecto

Para poder determinar si unha idea pode ser transformada nun negocio empresarial de éxito, antes hai que pasar pola etapa máis importante e minuciosa do proceso de emprender: a elaboración dun plan de negocio. Así, dende UNINOVA, aportarémosche toda a axuda necesaria para que poidas testar a túa idea, facendo un estudio profundo sobre todas aquelas variables que poidan influír no seu éxito.

A túa empresa

Esta é sen dúbida a fase máis apaixonante e gratificante de todo o proceso. Unha vez elaborado o plan de empresa e determinado que este é viable, dende UNINOVA acompañarémosche na primeira das etapas do emocionante mundo da empresa: xa eres empresario!. Durante os primeiros anos da túa empresa, se ti o decides, poderás incubarte en UNINOVA, recibindo todo o apoio e asesoramento necesario, para sortear os obstáculos que che se presenten no camiño.

Logotipo de Uninova Logotipo de Transtic Logotipo de Interreg III A Logotipo de la Unión Europea

© 2008 Incuba.t é un proxecto de UNINOVA, Todos os dereitos reservados - Información Legal | Accesibilidade | Contacta con nós